fotofixa/ O QUE ARDE / Oliver laxe

casting/ a.d./ fotofixa/ consciencia de Xénero

Son Ainoa Calvo, auxiliar de dirección audiovisual e fotógraf@ galega, especializada en casting e consciencia de xénero por Mads e Escac. Durante estes anos desempeñei diversos roles diante e detrás da cámara en proxectos no eido da cultura, a arte, a comunicación e a aprendizaxe innovadora.

casting/Consciencia de xénero

Coma auxiliar de casting traballei co equipo de María Rodrigo para a longametraxe «Romería« de Carla Simón e colaborei co equipo da longametraxe «Quen é quen« de Martín Cuervo nas probas aos nen@s .

A miña maneira de abordala axudantía de casting pasa por implicarme e ofrecer escoita activa, sensibilidade, coidado, proximidade e empatía tanto a actores naturais como a profesionais da escena e do audiovisual.

/en desenvolvemento…/

proxectos fotográficos

Durante máis dunha década dediqueime á fotografía para proxectos vinculados á cultura e á arte ou para a comunicación dos mesmos. Entre outros, fun fotofixa no equipo de cámara da longametraxe «O que arde» de Oliver Laxe.

Da fotografía interésame o punto de vista documental, con apego á antropoloxía, con enfoque na reflexión e en temáticas sociais.

/en construcción/

Proxectos audiovisuais

En cine, televisión e publicidade participei en produccións independentes e en produccións para medios xeneralistas baixo a dirección de profesionais como, por exemplo, David Trueba, Miguel Conde, Sandra Sánchez ou Norberto López Amado.

Actualmente estou en proceso de desenvolvemento dunha serie, unha posible curtometraxe documental e un podcast de creación propia.

/en construcción/

ainoa calvo

» Contar ás persoas, o que lles move a ser e facer o que fan. Cualificando, non cuantificando. Imaxinando parar… mirar… drenar… observando o momento, o presente cas veces escapase e que outras nos atopa mirando de fronte con atención. Presentando historias que son as nosa

proxecto en desenvolvemento (creación) / 2024
IMPLICADAS CO desenvolvemento / 2018

Por que elixirme como parte do voso equipo? Por que confiarme o teu proxecto?

Porque facilito procesos e creo na excelencia de poñer foco na eficiencia do oficio, na tarefa, na dedicación e no poder de transformación dos relatos, das imaxes, dos sons, dos ambientes, dos erros… que axudan a integrar e comunicarse de maneira máis holística e humana promovendo contornas de igualdade baseadas na comunidade, en ecosistemas e economías circulares, en ideas para o ben común que promovan a posta en acción.

Utopías? Así comezan as mellores historias…

CóNTAME o TeU argumento!!

se queres que Traballemos xunt@s, estarei feliz de escoitarte, valorala túa proposta e se encaixa cas necesidades de amb@s, analizar cal sería a miña achega para unha producción máis sostible e eficaz .